Pechar

Fonte ou prato de cerámica romana de cor negra

Con borde plano cara a fóra e cunha decoración no centro feita a base de liñas brunidas formando unhas palmas en disposición case radial.

Trátase doutro exemplar de cerámica común romana moi tardía que é imitación local ou rexional doutros tipos máis coidados presentes en xacementos baixoimperiais e mesmo en contextos paleocristiáns.

Dimensións:
23’8 (Ø máx.)  
Material/soporte:
Cerámica 
Contexto cultural:
Galaico-romana 
Autoría: