Pechar

Fonte ou prato de cerámica romana de cor alaranxada

Con borde case recto e lixeiramente volto cara a dentro, cunha decoración no centro feita a base de liñas brunidas que forman unhas estrelas e raiados combinados con dous círculos feitos cunha grosa incisión.

Entre a cerámica común romana aparecida neste Castro, destacan unha serie de fontes planas ou grandes pratos, de cor e pasta parda e con restos de engobe ou lixeiro verniz, no caso desta peza de cor  alaranxada ou arrubiada. A súa forma e decoración, cando a teñen, veñen sendo unha imitación local ou rexional das pezas máis senlleiras da cerámica estampada tardía romana e paleocristiá, o que neste caso levaría a cronoloxía final do xacemento ata o século V d.n.e.

Dimensións:
22’5 (Ø máx.)  
Material/soporte:
Cerámica 
Contexto cultural:
Galaico-romana 
Autoría: