Pechar

Ola mediana de boca grande

Reconstruída na súa forma completa. Ten o borde exvasado cara a fóra e é de forma globular, de cor marrón negra e ocre, con sinais de alisado ou “escobillado” e con restos de cinza.

Son relativamente numerosos no Castro de Viladonga os achados cerámicos correspondentes a olas ou orzas de tamaño grande ou mediano, destinados a conter líquidos e/ou áridos, e mesmo como depósitos habituais de auga tendo en conta que dentro da croa aínda non se ten documentado ningún pozo, fonte ou alxibe. Neste caso é unha peza sen decoración pero con restos de alisado con algún instrumento en forma de pequena vasoira ou similar; as marcas de cinza parecen indicar que foi utilizada para quentar cousas no lume.

Dimensións:
23’2 x 22’8 x 14 (Ø boca)  
Material/soporte:
Cerámica 
Contexto cultural:
Castrexa e galaico-romana 
Autoría: