Pechar

Ola de cerámica de tradición castrexa

Totalmente reconstruída, esta gran ola u orza está feita a torno ou roda e é de forma globular e de cor marrón moi escura; ten o borde exvasado cara a fóra, e conserva os sinais verticais e horizontais do alisado por ambas as dúas caras.

Cos moitos fragmentos atopados na escavación de 1984, conseguiuse reconstruír este gran recipiente de cerámica de clara tradición castrexa, destinado probablemente a contedor de auga ou de gran, sen desbotar o seu uso para cociñar.

Dimensións:
27’5 x 34 x 16 (Ø boca) 
Material/soporte:
Cerámica 
Contexto cultural:
Castrexa e galaico-romana 
Autoría: