Pechar

Machado de talón

Fundido en molde, con catro anelas laterais e un rebaixe de forma cuadrangular á altura destas; o gume está roto nun dos extremos. A aliaxe de cobre e estaño debeuse de completar con chumbo polo considerable peso da peza (635 gr.).

Como tal machado de talón ou de tope, é unha peza característica da etapa final da Idade do Bronce na fachada atlántica europea, e o seu uso orixinal sería para talar ou cortar pero tamén se puido utilizar como lingote ou incluso como instrumento de intercambio a xeito de moeda. Este exemplar destaca por ter catro anelas en vez de unha ou as dúas habituais, o que a converte nun exemplar único e, sobre todo, porque o seu achado nun contexto arqueolóxico castrexo e galaico-romano dos séculos II ó IV d.C, moi posterior ó momento da súa fabricación, convértea nun obxecto singular que quizais tivo algunha significación simbólica ou votiva ou mesmo simplemente residual.

Dimensións:
18’2 x 5’5 
Material/soporte:
Bronce 
Contexto cultural:
Idade do Bronce 
Autoría: