Pechar

Aplique con cabeza de león

Aplique de forma case cónica, coa figura dunha cabeza de león, feita a fundición polo sistema da cera perdida con retoques a base de incisións de distinto grosor feitas cun buril ou instrumento similar; na boca conserva restos dunha pequena anela ou abertura en sentido vertical; pola parte posterior é cóncava, con concrecións metálicas, quizais de chumbo.

Esta peza é, moi posiblemente, un aplique de mobiliario ou, menos probable, de vestimenta ou de arreo de cabalería, e é un tipo de obxecto característico entre os bronces de época romana pero máis raro de atopar en xacementos castrexos.

Dimensións:
4’3 x 2’3 
Material/soporte:
Bronce 
Contexto cultural:
Romana 
Autoría: