Pechar

Fusaiola ou colgante de forma circular

Feito de pedra de lousa gris, cunha decoración de puntos distribuídos en 4 sectores radiais separados por liñas incisas, nas dúas caras da peza.

As fusaiolas, pezas para servir de contrapeso e para suxeitar os fíos no fuso, constitúen un achado abundante en xacementos como o de Viladonga, onde aparecen tanto as feitas de barro cocido como as de pedra de distintos tipos. Aínda que xeralmente son sinxelas e lisas, noutros casos, como este exemplar achado en 1983, teñen unha profusa decoración de puntos e liñas que mesmo fai pensar que a peza puido servir igualmente como colgante ou adorno persoal.

Dimensións:
4’8 (Ø máx.)  
Material/soporte:
Pedra de lousa 
Contexto cultural:
Castrexa e galaico-romana 
Autoría: