Pechar

Fíbula ou fibela incompleta de tipo Aucissa

Conserva parte da agulla e dous remates en botón e que está decorada no arco con liñas de puntos entre estrías en resalte; a base do arco ten a mesma decoración pero noutro sentido.

Entre as moi numerosas fíbulas ou prendedores con agulla para uso na vestimenta castrexa e galaico-romana que se documentan en Viladonga, destaca este tipo chamado “Aucissa” polo nome do seu fabricante ou taller orixinal, aínda que logo se difunde por boa parte do Imperio Romano; é unha variante das fíbulas de gonzo curto e pé co remate en voo. Atribuídas inicialmente ós séculos I e II d.C. tiveron unha gran continuidade no tempo e caracterízanse, por exemplo nos exemplares achados neste Castro, por teren unha sinxela pero coidada e atractiva decoración.

Dimensións:
5’2 x 2’7   
Material/soporte:
Bronce 
Contexto cultural:
Romana 
Autoría: