Pechar

Cunca de cerámica romana de terra sigillata hispánica tardía

Feita a molde e con decoración a base de grandes semicírculos, con liñas de ángulos que conteñen outros semicírculos semi-secantes e outros círculos con núcleo central e con liñas de ángulos no seu  interior. Pasta de tipo M-37 e de cor "terra siena tostada", con verniz ou engobe “vermello inglés claro”.

Esta gran cunca, correspondente á forma Dragendorff 37t da vaixela romana de cerámica sigillata tardía (séculos III ó V d.n.e.) feita en Hispania, leva unha decoración típica destes exemplares baseada en grandes semicírculos combinados e con liñas de ángulos moi característicos desta vaixela. A súa presenza no Castro de Viladonga comproba o seu hábitat tardorromano ou baixoimperial e máis aínda porque esta vasilla  apareceu precisamente nunha construción doméstica de planta circular, de clara tradición castrexa, na que os seus ocupantes tiñan un certo nivel de romanización ou aculturación material, probablemente a través da cidade de Lucus Augusti onde tamén son moi  frecuentes os achados deste tipo de cerámica.

Dimensións:
11’1 x 22’2 (Ø boca) 
Material/soporte:
Cerámica 
Contexto cultural:
Romana 
Autoría: