Pechar

Bocado de freo ou pasarrendas de cabalo

Completo, feito a molde polo sistema da cera perdida. Represéntanse nel dous felinos (panteras) afrontados e coas cabezas voltas cara atrás; vai decorado con incisións feitas cun buril, máis marcadas nas cabezas e máis leves, a base de círculos, nos corpos dos animais.

Esta peza ten un paralelo igual, pero ó que lle falta a cabeza dun dos felinos, neste xacemento, e ambos os dous documentan a presenza de, polo menos, un exemplar de cabalo como elemento de carga e transporte pero igualmente, sen dúbida, como signo de poder e de prestixio, équido do que se achou tamén na mesma zona un óso metatarso. Estes achados producíronse ademais nunha das construcións máis singulares no centro e na parte máis preeminente da croa do Castro. Os dous pasarrendas, feitos en bronce fundido a molde pero completados cunha posterior decoración incisa a buril, representan un motivo que parece facer referencia á mitoloxía  relacionada co deus Apolo, e procede da parte oriental do Mediterráneo. Aparece tamén noutras pezas similares do leste e sur de Hispania que corresponden así mesmo á etapa final do Imperio Romano (séculos IV e V).

Dimensións:
8’7 x 8’6 x 0’8 
Material/soporte:
Bronce 
Contexto cultural:
Romana 
Autoría: