Pechar

Bastrén ou coitela

Bastrén ou coitela en forma de arco semicircular polo lado externo e co gume recto no interno; os extremos ou brazos para agarrar con ambas as dúas mans son sección circular.

Este instrumento de ferro é un útil ou ferramenta empregada para desbastar a madeira ou para cortar vimbio ou palla, en labores de cestería ou para fabricar calzados de madeira. Como moitas outras ferramentas de diversos materiais, indícanos a existencia de traballos e oficios durante a ocupación deste Castro e identifícase ben polos seus paralelos etnográficos, mesmo en zonas próximas a Viladonga.

Dimensións:
30’8 x 4’5  
Material/soporte:
Ferro 
Contexto cultural:
Castrexa e galaico-romana 
Autoría: