Pechar

Ara votiva ós Lares Viales

Ara votiva ós Lares Viales achada en Bouzoá (Silva, Pol). Conserva tres ocos (foculi) no remate superior e a parte inferior está sen desbastar para fincala no chan. No campo epigráfico leva a inscrición: LARI (bvs) / VIAL (ibvs) / EX VO (to) [“Ós Lares Viais -cumpriu- o voto”].

Esta pequena pero preciosa ara votiva, feita en pedra de granito e con tres foculi ou pequenas cavidades para ofrendas, está dedicada ós Lares Viales, Lares Viais ou deuses romanos dos camiños e das encrucilladas, como indica a inscrición que leva, aínda que baixo ese nome é moi probable que se agachen outras divindades de carácter prerromano e propias do Noroeste hispánico. Achada casualmente a pouca distancia (uns 2 km.) do Castro de Viladonga, exponse neste Museo como depósito do Provincial de Lugo.

Dimensións:
47 x 23 x 11  
Material/soporte:
Pedra de granito 
Contexto cultural:
Galaico-romana 
Autoría: