Pechar

Ánfora de base plana de cerámica común romana

De pasta e superficie de cor ocre crema, feita a torno ou roda; leva dúas asas de sección plana e o borde da boca é exvasado cara a fóra; ten unha sinxela decoración de tres leves acanaladuras no ombreiro.

Os anacos aparecidos desta peza permitiron a súa reconstrución completa incluídas as dúas asas, cunha altura total de 42 cm. entre a boca e a base plana. É un bo exemplo de recipientes destinados ó depósito de auga, gran ou áridos ou produtos similares, como complemento das grandes ánforas romanas de base apuntada usadas para o comercio do viño o aceite ou os produtos de salgado, que apenas están representadas no Castro de Viladonga.

Dimensións:
42’2 x 13 (Ø boca)  
Material/soporte:
Cerámica 
Contexto cultural:
Romana 
Autoría: