Pechar

Alfinete ou prendedor

Decorado cunhas grosas estrías paralelas, ten un remate superior ou cabeza de forma cónica ó comezo da variña recta.

É relativamente frecuente o achado en Viladonga, nos niveis galaico-romanos, deste tipo de grandes alfinetes ou prendedores de cabelo, feitos en bronce fundido sobre molde e con distintos tipos de cabeza ou remate superior que, ás veces e coma neste caso, levan algún tipo de decoración ou adorno moi sinxelo. Son pezas ben coñecidas en xacementos desta época, tanto urbanos como no ámbito rural.

Dimensións:
4 x 1’7 (Ø cabeza) 
Material/soporte:
Bronce 
Contexto cultural:
Romana 
Autoría: