Fotografía. Vendima en Francelos

Fotografía. Vendima en Francelos

Imaxe dunha vendima no Ribeiro do Avia en 1949. Neste duro labor é a muller quen tradicionalmente achega a man de obra, correspondéndolles aos homes -os carrexóns- levar os cestos coas uvas ata o carro (hoxe o tractor), todo iso baixo a supervisión, neste caso, do caseiro da propiedade. Un traballo no que a importancia da muller quedou fixada cunha palabra específica no Ribeiro para referirse ás mulleres que participan nunha vendima: as vendimotas.

Contexto cultural:
Ribadavia, 1949
Autoría:
Foto Chao