Museos de Galicia

Museo Naval de Ferrol

O museo

Situado no histórico edificio do Arsenal de Ferrol coñecido como "Presidio de San Campio", construído na segunda metade do século XVIII, o inmoble que acolle a este Museo é xa de seu unha xoia arquitectónica de estilo barroco-neoclásico, digna de admiración. O acceso ao recinto efectúase desde o Cantón de Molíns ferrolán, e sitúase dentro do complexo "Centro Herrerías" da Armada. O Museo conta entre os seus fondos con máis de 2.650 rexistros catalogados entre pezas, conxuntos e coleccións de valor histórico, artístico e técnico relacionados coa actividade da Armada, a súa estreita relación con Ferrol e a historia naval e marítima de España.

Destacan especialmente a súa magnífica Exposición de Áncoras, considerada a mellor do mundo, que reúne máis de cen tipos diferentes de áncoras correspondentes a diferentes épocas; as coleccións dos pecios do galeón San Gerónimo (1597) e da fragata Magdalena (1810), ademais de modelos a escala de buques, armas, instrumentos náuticos, uniformes, cadros e outros. O Museo organiza visitas guiadas e dispón así mesmo dunha rica Biblioteca con máis de 20.000 obras catalogadas, e dunha moderna Sala de Usos Múltiples para exposicións temporais e outros actos de interese cultural.

Galería