Museos de Galicia

Museo do Moucho

O museo

O Museo do Moucho, situado no primeiro andar do centro social do Concello de Cerceda, foi inaugurado en 1994. Entre as máis de 5.000 pezas pódense contemplar variadas representacións deste animal, dende cadros e esculturas a pequenas pezas de artesanía e artes decorativas. Consta dunha biblioteca e videoteca especializada na que se pode atopar toda a información sobre os hábitos e costumes desta ave nocturna.

Galería