Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega)

O museo

O Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega) é un museo dependente da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, inaugurado en outubro de 2004. A creación do museo supón a materialización dun vello proxecto de 1926 que pretendía fundar un centro museístico galego especializado en materia educativa.

O seu obxectivo fundamental é recuperar, protexer, mostrar e difundir o rico patrimonio educativo de Galicia.

Ao longo de tres plantas móstrase a evolución da escola galega a través do tempo. Pódense ver recreacións de aulas dende o século XIX ata a EXB, curiosos obxectos escolares ou xoguetes que utilizaban os nenos e as nenas de antes. Se desexa viaxar no tempo e volver á infancia ou achegarse á escola dos maiores, o Mupega pon á súa disposición unha aula antiga para sentirse como un alumno do pasado.

 

Galería

  • Fachada do edifico do Mupega

    Fachada do edifico do Mupega

  • "Anaquiños. Lecturas gallegas". M. Fernández Novoa (1942)

  • Fonógrafo de Edison

    Fonógrafo de Edison

  • "Cuadro de pesas y medidas del sistema métrico decimal". Faustino Paluzíe, editor / Salvador Sala, litógrafo (1931 ca.)

  • Lanterna de proxección. L'Ecolier / E. Mazo (2ª metade do século XIX)

  • Telurio con lunario (1ª metade do século XX)

    Telurio con lunario (1ª metade do século XX)