Museos de Galicia

Museo Parroquial de Monterroso

O museo

O Museo Parroquial de Monterroso ten a súa sede na casa rectoral da vila de Monterroso. Nas súas salas expóñense pezas de ourivería, arqueoloxía, etnografía, pintura e numismática.

A sección de ourivería conta con obxectos litúrxicos así como unha colección de reloxos de parede. Na sección de arqueoloxía poden apreciarse muíños naviformes e circulares, capiteis e algúns elementos escultóricos. Conforman a sección de etnografía utensilios para a elaboración do tecido de liño, roupas e aparellos correspondentes a diferentes oficios. Por último, a sección de pintura acolle obras de pintores da vila.

Galería