MIAS (Museo Iconográfico de Arte Sacra de Allariz)

O museo

Renovado Museo Iconográfico de Arte Sacra no que a colección exposta, propiedade da Fundación Aser Seara, está formada por máis dun centenar de obras relixiosas de temática mariana, cristolóxica e haxiográfica. O percorrido polas diferentes salas e plantas do centro ofrecen unha visión xeral da iconografía sagrada datada entre os séculos XIII e XX, principalmente a través de esculturas, relevos, pinturas e ourivaría.

Destaca tamén a casa na que se expón a mostra, situada na vila ourensá de Allariz, cuxa zona vella foi declarada Conxunto Histórico Artístico en 1971. Datada en 1920, sufriu unha moderna intervención arquitectónica que transformou a antiga vivenda nun museo.

Como elemento significativo, sinalar a existencia dun fragmento de doela do século XII con decoración xeométrica de arcos propia do románico embutida nun dos muros interiores do edificio.

Galería