Museo Massó

O museo

Como chegar

Dende Vigo (29 km): sáese de Vigo pola AP-9, que enlaza ao pasar a Ponte de Rande (Saída 146: Moaña, Cangas) coa PO-551 e o "Corredor do Morrazo". 

A estacións de autobuses de Bueu conta con conexións regulares con Pontevedra, Marín e Cangas.

Accesibilidade

As instalacións do museo non están adaptadas para a circulación de persoas con mobilidade reducida. 

Visitas guiadas

Para grupos e escolares, concertadas previamente. Tempo aproximado da visita guiada: 45 minutos.

Normas de acceso

Nos obradoiros a inscrición deberá realizarse previamente, e terán entre unha hora e hora e media de duración.

Non está permitida a entrada de animais, salvo cans-guía.

Non está permitido fumar no interior do museo, nin entrar con alimentos, bebidas, bolsas grandes e paraugas. 

Non está permitido facer fotos nas salas de exposición. Se está interesado na imaxe dunha peza pode solicitala.