Museos de Galicia

Museo Massó

O museo

Biblioteca

O museo  conserva unha valiosa biblioteca especializada en temas marítimos e navais. Nela sobresae o fondo antigo con exemplares dos séculos XVI ao XIX, e en especial os 20 incunables, libros impresos nos primeiros anos da imprenta (1453-1500), que merecen especial atención.

Aténdense consultas bibliográficas de  especialistas e estudosos, logo de cubrir a solicitude oportuna.

Consulte o catálogo da biblioteca

Reproducións fotográficas

Para a obtención de imaxes de fondos do museo, ben por medios fotográficos ou audiovisuais, con fins académicos, de investigación, de difusión e para publicacións, o servizo está dispoñible baixo expresa autorización da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, mediante a solicitude de reprodución de fotografías ou a solicitude de reproducións audiovisuais que facilita o propio centro.