Museos de Galicia

Museo do Mar de Galicia

O museo

Como chegar

Liñas de autobús urbano con parada no Museo do Mar: 15A, 15B e 15C e C10

Aparcamento exterior público

 

Accesibilidade

Todo o interior do Museo está adaptado para persoas con mobilidade reducida.

  • Aparcadoiro para persoas de mobilidade reducida
  • Ramplas
  • Ascensores
  • Aseos adaptados
  • Admisión de cans guía

 

Visitas guiadas

O museo dispón de visitas guiadas e actividades didácticas para todos os públicos (escolares, familias, grupos con necesidades especiais, grupos de asociacións e outros grupos interesados).

Todas as actividades requiren reserva previa, que se pode facer por teléfono ou no correo electrónico info.museodomar@xunta.es.

As condicións de reserva varían en función da actividade e do día solicitado.

 

Normas de acceso

Está permitido fotografar e filmar para uso particular, pero sen empregar o flash. Non está permitido comer nin beber no interior do museo e non se admiten animais, excepto cans guía.

Os investigadores deberán cubrir unha solicitude previa dispoñible no portal web do museo.