Museos de Galicia

Museo do Mar de Galicia

O museo

Tenda

Pódense mercar dende libros e catálogos ata obxectos de papelería, artesanía de Galicia e fósiles mariños.

 

Auditorio

Cun aforamento máximo de 100 persoas, está dispoñible para a realización de charlas, conferencias, congresos, concertos... Está equipado con canón de vídeo, pantalla, sistema de audio e conexión a internet.

 

Biblioteca

De acceso restrinxido, require solicitude previa. Especializada en temática mariña dende diversos aspectos, etnográficos, literarios, artes plásticas, arqueoloxía etc.

 

Reproducións fotográficas

A obtención de imaxes de fondos do museo está dispoñible para fins académicos, de investigación, difusión e publicacións, baixo expresa autorización da Dirección do Museo, mediante un formulario que se facilita no centro.

 

Outros servizos

  • Gardarroupa
  • Conexión wifi na recepción
  • Folletos informativos en galego, castelán, inglés e francés
  • Audioguías en galego, castelán, inglés e francés
  • Guía do Museo do Mar de Galicia, libro editado en galego  á venda na tenda do museo
  • Taberna “Room Musseum”
  • Espazos para a organización de eventos (concertos, charlas, conferencias etc)
  • Aseos con cambiadores para bebés