Museos de Galicia

Do 27 de xullo ao 27 de agosto do 2017 Viaxando pola historia. 100 anos do MASAT

Museo Arqueolóxico de Santa Trega (Masat), A Guarda

A exposición "Viaxando pola historia, cen anos do MASAT", conmemora o 100 aniversario do Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega, en A Guarda. A mostra exponse na coñecida como a Casa dos Alonso, e permanecerá aberta durante o mes de agosto, en horario de 12.00 a 14.00 horas e de 19.00 a 22.00 horas.

A historia do Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega empezou no 1917 cando se crea o  Museo de Pro-Monte, no que un dos seus principais artífices, o médico e secretario da asociación, Pacífico Rodríguez Rodríguez comezaba a reconstrución de ánforas e vasos.

A través de tres bloques temáticos, divididos en catro espazos, cóntaselle ao público a historia e a función deste museo. A través de paneis, pezas e fotografías a exposición recolle dende o perfil máis técnico e descoñecido do Museo (foi o primeiro museo arqueolóxico creado en Galicia), a causa da súa xénese, as diferentes fases polas que pasou, etc. Componse o relato ao través de pezas arqueolóxicas procedentes, loxicamente, do propio xacemento, pezas conservadas nos fondos do museo e algunhas procedentes doutros xacementos da época, destacando así a singularidade e diversidade dun período cultural determinado.