Do 7 de novembro ao 31 de decembro do 2019 Simplemente Santiago

Debuxos de Santiago feitos polo ilustrador Joaquín González Dorao para as súas guías de viaxe

Museo das Peregrinacións e de Santiago

Co gallo da inauguración no Museo do IV Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada, presentouse esta exposición, "Simplemente Santiago", con debuxos de Joaquín González Dorao.

O ilustrador gaditano presenta nesta mostra de orixinais unha recompilación de debuxos de Santiago, tras máis de seis anos de traballo para a súa colección de guías ilustradas. A catedral, as igrexas, os parques, os peregrinos, os museos, os bares, a vida de rúa... un Santiago diferente e completo.