Do 11 de maio ao 25 de xullo do 2016 Salvador Massó Palau e as raíces dunha industria

Celebración do Día dos Museos

Museo Massó

Este ano, o Día Internacional dos Museos (18 de maio) ten o lema "Museos e Paisaxes Culturais". Búscase resaltar a responsabilidade dos museos en promover e comunicar, ademais das súas propias coleccións, tamén sobre o patrimonio cultural e natural da súa contorna.

Coincidindo coa celebración deste día, o Museo Massó programou a inauguración dunha exposición temporal, “Salvador Massó Palau e as raíces dunha industria”.

Con esta mostra preténdese conmemorar tamén os 200 anos do establecemento en Bueu da familia de industriais Massó procedentes de Cataluña. O discurso céntrase nos seus inicios na industria salgadeira, así como nas reiteradas alianzas matrimoniais con outras familias de fomentadores cataláns da zona que conformaban a nova elite social.

Compre lembrar que o Museo Massó encóntrase instalado nas naves industriais da antiga conserveira Massó Hermanos, así como moitos dos fondos do Museo teñen a súa orixe nesta familia de industriais.