Ir o contido principal

Do 15 de xullo ao 30 de setembro do 2016 Reproducións de pezas de cerámica castrexa do Castro de Viladonga

Mostra de reproducións de pezas de cerámica castrexa do Castro de Viladonga. Estas réplicas forman parte do obradoiro experimental de cerámica castrexa da Fundación Terra Termarum  de Castrolandín (Cuntis). Neste proxecto de investigación fixéronse reconstrucións de pezas de toda Galicia, pero para esta mostra no Museo de Viladonga figuran unicamente as 11 pezas deste castro.

Trátase de pezas cerámicas rigurosamente documentadas a nivel arqueolóxico, mantendo as referencias históricas en canto a formas, decoracións, texturas e acabados, permitindo  unha visión máis real das pezas orixinais.

Estas reconstrucións realizadas a partir dos fragmentos cerámicos que aparecen nas escavacións permiten unha mellor lectura e comprensión das súas funcións, formas, tamaños e decoracións.

Como complemento á exposición faranse a finais do mes de setembro dous obradoiros: un de elaboración de pezas e outro para a súa cocción nun forno feito na contorna do castro, a cargo do persoal de Terra Termarun.

Esta mostra puido realizarse gracias a colaboración da Fundación Terra Termarum de Castrolandín, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Deputación de Lugo.