Ir o contido principal

Do 10 de xullo do 2017 ao 30 de xaneiro do 2018 A olería de Niñodaguia. Achegamento ás formas tradicionais

Cartel da exposición

Mostra itinerante da Colección de Agustín Vázquez Ferreiro, comisariada por Sara Costa Muñoz e Xoel Rodríguez Martínez. Complementando a exposición "A cerámica en Galicia: unha mirada a partir dos fondos do Museo Etnolóxico" exponse unha mostra da cerámica tradicional deste importante centro cerámico ourensán, aínda en activo, a través dunha selección de trinta e dúas pezas tradicionais. A olaría de Niñodaguia pertence ao concello de Xunqueira de Espadañedo, Ourense.

As pezas son reproducións actuais de formas tradicionais realizadas polo artesán Agustín Vázquez Ferreiro. É unha exposición de carácter didáctico a través da cal se pretende fomentar o coñecemento e o recoñecemento deste exemplo tan característico da olaría en Galicia, e tamén reivindicar a importancia do oficio e o seu produto na vida cotiá.

Os comisarios da mostra concibiron a exposición cos seguintes apartados, que supoñen outras tantas reflexións: “Un val de barro”, “Dunha economía de subsistencia á figura do «señorito»”, “O ámbito doméstico e a incorporación do barro roxo”, é, por último, “O salto dos anos 60: da artesanía á industria”