Do 10 de novembro do 2017 ao 31 de outubro do 2018 A olería en Galicia: unha mirada a partir dos fondos do Museo Etnolóxico

Museo Etnolóxico de Ribadavia

Na exposición "A olería en Galicia. Unha Mirada a partir dos fondos do Museo Etnolóxico. Ribadavia", téñense presentes os estudios sobre a materia en Galicia, pero non de xeito dogmático, senón cuestionando certos postulados. Así, revísase o determinismo económico na artesanía, o abuso de paralelos foráneos e o feito de non entender a actividade como un produto específico do estrato da poboación onde nace e se desenvolve. Son estes os tres grandes piares que soportan o relato construído polo comisario da exposición, Víctor Manuel Castro Carballal, que procura enlazar pasado e presente, construído de xeito lineal a través dos seguintes bloques:

  1. O carácter rural e popular da olería
  2. As ideas estéticas do colectivo
  3. As representacións simbólicas de raíz antropolóxica
  4. A toma de conciencia da mestría acadada
  5. De artesán a artista? Os novos retos e o panorama aberto no derradeiro cuarto do s.XX prolongándose até a actualidade

Unha mostra aberta, que busca incitar ao visitante non só a contemplación, senón tamén á reflexión crítica propia dun espectador (suxeito) activo.

Galería

  • Vista da exposición

  • Vista da exposición

  • Vista da exposición

  • Vista da exposición

  • Vista da exposición