Museos de Galicia

Do 12 de maio ao 30 de setembro de 2017 Observadores observados

Museo de Belas Artes da Coruña

Presentouse ao público unha nova intervención artística nos espazos do Museo de Belas Artes, neste caso do artista Roberto González Fernández, e que permanecerá exposta ao público ata o mes de setembro.

Observadores observados é unha insólita instalación distribuída polas distintas salas do museo, e composta por trinta e tres retratos masculinos pertencentes á serie Doblemente Vigilados (W-DV), un ambicioso traballo de Roberto González Fernández. A través dela, o autor establece un diálogo entre os seus lenzos e unha selección de pezas da colección permanente, introducindo así un elemento interesante no propio discurso expositivo do museo que invita ao público a revisitar a colección e a achegarse a ela desde una perspectiva totalmente innovadora. En cada un destes lenzos o autor mostra a todo tipo de personaxes que se cobren o rostro coa W –formada polas súas mans-, símbolo da sociedade Web 2.0 na que vivimos, lembrándonos o seu papel de observadores observados. Na proposta de Roberto González para o Museo, confrontaríase a ambos, os personaxes da serie “Dobremente Vixiados” están colgados en lugares insólitos, observando os cadros das distintas salas do museo e interactuando co visitante.

Máis información: http://museobelasartescoruna.xunta.gal/index.php?id=47&inf=106