Museos de Galicia

Do 21 de xuño ao 31 de agosto de 2017 Na procura do pasado. Orixe e desenvolvemento da arqueoloxía en Ourense

Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre | Campo Lameiro

Esta exposición pretende dar unha visión dos actores principais que impulsaron a práctica da arqueoloxía desde finais do século XIX ata os anos 70 do século XX na provincia de Ourense.

Destacan as figuras da talla de Marcelo Macías, Arturo Vázquez Nuñez, Manuel Díez Sanjurjo, Florentino López Cuevillas, Xaquín Lorenzo Fernández, Xesús Ferro Couselo, Xesús Taboada Chivite, Conde Valvis, Rubén García Álvarez, Manuel Chamoso Lamas, Laureano Prieto, entre outros.

A exposición consta de fotografías destes persoeiros e de pezas arqueolóxicas directamente relacionadas coa súa actividade como o Guerreiro de Armeá, o Sedente de Xinzo, o Mosaico da Cigarrosa etc.

Corresponsable de esta mostra, o Museo Arqueolóxico de Ourense e a súa historia como institución está intimamente ligada coa investigación arqueolóxica desenvolvida ao longo dos anos na provincia de Ourense da que se da fe nesta exposición.

Responsables desta simbiose, entre outros, foron os membros da Comisión Provincial de Monumentos de Ourense, que co seu traballo e dedicación, conseguiron crear o Museo ao tempo que impulsaron a actividade arqueolóxica na provincia.