Museos de Galicia

Do 30 de novembro do 2016 ao 19 de febreiro do 2017 Na procura do pasado. Orixe e desenvolvemento da arqueoloxía en Ourense

Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense

O Museo Arqueolóxico de Ourense e a súa historia como institución están intimamente ligados á investigación arqueolóxica desenvolvida ao longo dos anos na provincia de Ourense.

Responsables desta simbiose, entre outros, foron os membros da Comisión Provincial de Monumentos de Ourense que, co seu traballo e dedicación, conseguiron crear o museo ao tempo que impulsaron a actividade arqueolóxica na provincia.

Así, esta exposición pretende dar unha visión dos actores principais que impulsaron a práctica da arqueoloxía desde finais do século XIX ata os anos 70 do século XX. Destacan as figuras da talla de Marcelo Macías, Arturo Vázquez Nuñez, Manuel Díez Sanjurjo, Florentino López Cuevillas, Xaquín Lorenzo Fernández, Xesús Ferro Couselo, Xesús Taboada Chivite, Conde Valvis, Rubén García Álvarez, Manuel Chamoso Lamas ou Laureano Prieto, entre outros.

A exposición consta de fotografías destes persoeiros e de pezas arqueolóxicas directamente relacionadas coa súa actividade como o Guerreiro de Armeá, o Sedente de Xinzo, xoias de Regodeigón, a Tabula de Castromao, o Mosaico da Cigarrosa etc.

A mostra pódese visitar na Sala de exposicións Afundación (Praza Maior 4, Ourense).

Galería

  • Imaxe da exposición

  • Imaxe da exposición