Ir o contido principal

Do 9 de novembro do 2017 ao 13 de maio do 2018 Modelo x armar. Artistas galegos na colección CGAC

Inauguración da mostra

Parafraseando o título de, se cadra, a novela máis experimental de Julio Cortázar, 62/Modelo para armar, trátase a colección como un modelo por construír, como unha tarefa imprescindible pero pendente, e sempre en proceso, para un museo. A mostra propón e contrapón tentativamente varios modelos de enfoque narrativo e histórico, entre a colisión e o diálogo, en forma dunha aproximación crítica.

A exposición coincide e acompaña, ao seminario Novas Narrativas na Historia de Arte Contemporánea, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela, que se celebrará no CGAC entre o 24 e o 25 de novembro 2017. Nel abordaranse distintas maneiras de enfocar a historia. A colección do CGAC é unha ferramenta indispensable para construír historia e, especificamente, unha historia contemporánea de Galicia, desde unha consistente sección, a da arte feita en Galicia.