Do 1 de xaneiro ao 30 de abril do 2020 A mesa farta. Etnoloxía e cultura alimentaria en Galicia

Museo Liste de Vigo

Escolma de pezas procedentes do Museo Liste de Oseira e de diversas coleccións particulares.

Os obxectos distribúense en oito recantos que dan conta do seu significado e uso, reflectindo a evolución da cultura alimentaria en Galicia e a dos obxectos vencellados a ela nos séculos XIX e XX.

1º recanto: as bebidas.

2º recanto: a preparación dos alimentos.

3º recanto: complementos esporádicos: caza e pesca.

4º recanto: a horta.

5º recanto: o servizo de mesa.

6º recanto: a infancia.

7º recanto: produtos da tenda (os que non se autoproducen).

8º recanto: alimentos sólidos (básicos).