Ir o contido principal

Manuel Colmeiro (1901-1999)

Manuel Colmeiro

Partindo de tres estudios inéditos realizados por Manuel Colmeiro nos anos trinta para un mural, a exposición profundiza na evolución do autor desde unha pintura simbólica a outra na que prevalece a autonomía da pintura sobre o tema, facendo fincapé na modernidade da súa opción.

Para presentar esta evolución móstranse os seus temas máis recurrentes: o nu, a paisaxe, a natureza morta, a muller campesiña ou o autorretrato, facendo ver a convivencia do primitivismo cun certo clasicismo, que se pon de manifesto tanto nos temas como na plasmación plástica.

Visitas guiadas
Dende o día 2 de outubro realízanse visitas guiadas á exposición. Entrada libre. A visita non require reserva previa.  

Os grupos formaránse desde 10 min. antes do inicio da visita, na porta principal do museo, por orde de chegada. A visita durará, aproximadamente, 50 minutos. O número máximo de persoas por grupo é 25.

Calendario de visitas:

2 outubro, xoves. Ás 19:00 h. 4 outubro, sábado. Ás 12.30 h. 9 outubro, xoves. Ás 19:00 h. 11 outubro, sábado. Ás 12.30 h.  16 outubro, xoves. Ás 19:00 h. 18 outubro, sábado. Ás 12.30 h. 24 outubro, venres. Ás 19:00 h. 25 outubro, sábado. Ás 12.30 h.

Visitas para grupos:

Destinadas a asociacións culturais e lúdicas, entidades asistenciais, centros cívicos, etc. As visitas realizaranse preferiblemente de martes a venres pola mañá (de 10:00 h. a 14:00 h.); e pola tarde (de 17.00 a 20:00 h).  A visita durará, aproximadamente, 50 minutos. Pódense reservar datas dende o 10 de setembro ata o 24 de outubro de 2014.