Do 18 de maio ao 30 de xuño do 2016 Álvaro Cebreiro (1903-1956)

Celebración do Día dos Museos

Museo de Belas Artes da Coruña

Coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Museos, o Museo de Belas Artes programou a inauguración dunha exposición monográfica, “Álvaro Cebreiro 1903-1956", unha mostra temporal co gallo da conmemoración do centenario da creación das Irmandades da Fala. Expoñeranse unha selección de caricaturas, retratos e viñetas de Álvaro Cebreiro, unha das figuras destacadas da vangarda artística galega.