Do 23 de abril ao 31 de decembro do 2016 IV centenario da morte de Cervantes

Museo de Belas Artes da Coruña

O Museo de Belas Artes da Coruña súmase a esta conmemoración amosando os fondos da colección nos que se interpretan artisticamente ás figuras protagonistas do Quixote. Exemplo da transcendencia desta obra literaria foi que os seus protagonistas se converteran en motivos elixidos por algunhas fábricas de louza do século XIX para decorar as súas pezas, como fixo a Real Fábrica de Sargadelos. A especial celebración que tivo en España en 1905 o III Centenario da publicación do Quixote, deu como resultado manifestacións artísticas deseñadas para algunhas das actividades da súa conmemoración.

Na Sala Sargadelos (1º andar) expoñeranse Pezas de louza da Real Fábrica decoradas con escenas do Quixote.

Na Sala 4 (2º andar), estarán as pezas realizadas no ano 1905 para celebrar o III Centenario da publicación do Quixote: obras de Isidoro Brocos, medallas conmemorativas, un selo postal conmemorativo etc.