Do 13 de novembro do 2014 ao 11 de xaneiro do 2015 Felipe Criado. Cadaquén que pense o que queira

Museo de Belas Artes da Coruña

Felipe Criado

Mostra homenaxe adicada ao pintor Felipe Criado (Xixón 1928 - A Coruña 2013). Comisariada por Antón Castro, esta mostra céntrase nos últimos catro anos do pintor, entre 2008 e 2012, mediante unha selección de obras coas que se tratará de reflectir as mitoloxías que definiron a identidade total do artista, a partir dalgunhas das súas series máis recoñecidas.

Entre as obras escollidas están tres das súas máis célebres series (Santander, Pompeianas e Paraugas) que resumen, en termos estéticos, o longo e denso proxecto artístico do pintor, en tanto que glosan as recorrentes mitoloxías que marcaron a súa identidade e terminaron por definir a súa linguaxe: Muller/ Beleza/ Memoria-recordo/ Compromiso/ Ironía/ Clasicismo/ Natureza-paisaxe/ Espazo-movemento/ Debuxo/ Pintura.