Ir o contido principal

Experiencias expositivas. 1999-2015 Unha retrospectiva das exposicións do Museo das Peregrinacións e de Santiago

Imaxe da exsposición

A nova sede expositiva do Museo das Peregrinacións e de Santiago na Praza de Praterías abre as súas portas. Dentro da variedade de espazos expositivos do centro, esta exposición temporal estrea o novo espazo de usos múltiples situado no soto da nova sede do Museo. O fío condutor é toda unha homenaxe á traxectoria expositiva do propio centro, agora que comeza unha nova andaina, xa que “Experiencias expositivas” amosa a produción de exposicións temporais levadas a cabo polo Museo dende o ano 1999.

Forman parte da mostra a cartelería, folletos, bandeirolas e catálogos asociados as 46 exposicións temporais desenvoltas, así como obras que foron doadas polos seus autores e que hoxe en día forman parte da colección do museo.