Do 1 de xullo ao 31 de agosto do 2018 A etnografía e os fotógrafos

Museo Etnolóxico de Ribadavia

A exposición, que se puido ver en Vilanova dos Infantes, mostra o traballo de máis de vinte fotógrafos, que hoxe son documentos imperdibles para a antropoloxía social e cultural, así como para a socioloxía e a etnografía. Nesta exposición que comeza no Museo Etnolóxico o seu camiño por distintos espazos expositivos e educativos, poderemos coñecer dende os pioneiros da fotografía como Zagala, Reboredo ou o Estudio Pacheco de Ourense, polo que pasaron numerosos fotógrafos nos seus inicios, ata chegar a outros máis recentes como o ourensán Rizo, Estalote de Santiago ou o Estudio Chao de Ribadavia.