Museos de Galicia

Do 17 de xaneiro de 2017 ao 14 de xaneiro de 2018 Divino profano. Cultos, imaxes e significados

Museo Municipal de Vigo Quiñones de León

O obxectivo desta mostra, promovida pola Concellería de Cultura, é amosar a capacidade da arte para transmitirnos sentimentos, ideas e valores e provocarnos emocións.

Esta exposición componse dunha serie de imaxes que naceron dun culto que orixinou unha devoción en quen as contemplou. 

Dúas salas dedícanse ao culto divino; imaxinería e narrativas de carácter relixioso por un lado, cun forte significado dogmático, e por outro, a representación de Cristo e María, que xeran un culto íntimo e recollido. Destacan obras de Isidoro Brocos, xunto a pezas non expostas antes, coma os bosquexos de Santiago Padrós (1918-1971) para a Colexiata de Vigo. Dúas salas máis contrapoñen o profano ao divino. Imaxes para a eternidade, abre o culto ao humano a través do retrato.    

Pecha a exposición imaxes para a conciencia; ideas, virtudes e rexeitamentos, imaxes e narrativas profanas que desenvolveron mensaxes cheas de significados morais, ideolóxicos ou simplemente para a admiración.