Do 29 de novembro do 2013 ao 2 de marzo do 2014 Confluencias 1975-2006. Jaime Quessada/Xaime Quesada Blanco

Museo de Belas Artes da Coruña

A mostra "Confluencias" ideouse como un diálogo entre a obra pictórica de Jaime Quessada (1937-2007) e o seu fillo, Xaime Quesada Blanco (1975-2006), propoñendo unha reflexión sobre os puntos de encontro entre ambas as dúas producións a raíz dos seus fortes vínculos afectivos e artísticos. O proxecto está comisariado pola viúva e nai dos homenaxeados, María Jesús Blanco, e por Piar Corredoira ademais da colaboración da Fundación Xaime Quesada Blanco.

Comprende 32 obras, entre pinturas e debuxos, que foron realizadas a finais da década dos 70, no caso do pai, e dende mediados dos 90, no de Xaime Quesada Blanco. O percorrido complétase cun documental realizado a partir de material audiovisual inédito e de entrevistas concedidas por cada un dos artistas.

A mostra inaugurouse o 29 de novembro na Sala de Exposicións Temporais. Máis información na web do Museo de Belas Artes da Coruña

Galería

  • Confluencias 1975-2006. Jaime Quessada/Xaime Quesada Blanco

    Xaime Quesada Blanco: "Autorretrato" (1994)

  • Confluencias 1975-2006. Jaime Quessada/Xaime Quesada Blanco

    Xaime Quessada: "Autorretrato III" (1998)