Do 16 de xullo ao 30 de decembro do 2015 A cerámica castrexa en Galicia: investigación e recuperación

Sala de exposicións temporais. Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa Lansbrica

Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense

Esta exposición de cerámica castrexa mostra ao público 75 réplicas dos 24 xacementos castrexos máis representativos desta cultura no Noroeste Peninsular, ás que se lle engade agora para esta mostra tres pezas máis, dúas do castro de San Cibrán de Las que forman parte dos fondos do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense (un testo e unha queixeira), e unha do castro próximo de Ourantes.

Cada cerámica vai acompañada dunha ficha/cartela técnica da peza orixinal, co lugar de procedencia e depósito actual, descrición formal e decorativa, posible uso e bibliografía, así como fotografías da peza do proceso de reprodución e o debuxo ou reconstrución arqueolóxica. O resultado vén a mostrar a cerámica castrexa dende un punto de vista novo, moi didáctico para o público non especializado, e moi interesante para os profesionais.

A exposición é o resultado do proxecto de investigación e recuperación da cerámica castrexa de Galicia realizado pola Fundación Terra Termarum. Abrangue unha selección daquelas pezas mellor conservadas das que se coñece a forma completa e das que se ten máis información, incluíndo desde as pezas mais comúns ata as máis decoradas. Ofrécese así unha mostra de xacementos castrexos que busca definir os parámetros temporais e territoriais do mundo da Idade do Ferro en Galicia.

Neste enlace pode descargar ofolleto promocional da exposición