Ir o contido principal

Desde o 4 de agosto de 2016 A arte de navegar. A colección de Antonio Rama

No ano 2015, o Museo Massó incrementou de forma significativa a súa colección de historia da navegación grazas á importante doazón realizada polo coleccionista Antonio Rama Laguna.

Este museo posúe unha das mellores coleccións españolas dedicada á historia da navegación civil europea, cunha sección de instrumentos de navegación astronómica de gran valor cultural, cuxo núcleo máis importante pertence aos séculos XVI e principios do século XIX.

A colección de Antonio Rama permítenos ampliar o marco cronolóxico ata as décadas centrais do século XX, período inmediatamente anterior á invención do GPS. Coa incorporación desta nova tecnoloxía desaparecerá un sistema de navegación milenario e os instrumentos aos que dera lugar.

Esta mostra temporal ten por obxecto presentar ao público a nova adquisición que nun futuro próximo se integrará na exposición permanente do Museo Massó.