Do 28 de xuño ao 13 de outubro do 2019 20 red lights

Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

O proxecto 20 Red Lights, de Max de Esteban, é un ensaio político que desvela as implicacións da financialización dixital da economía e a súa relación coa radicalización da axenda neoliberal, un tema de suma importancia no contexto da nosa cultura global que merece unha reflexión rigorosa desde a arte.

As tecnoloxías dixitais condúcennos cara a unha profunda e acelerada transformación do noso mundo. Os Rolling Stones reflectiron esta deriva precipitada da sociedade globalizada nunha das súas cancións: é a fe a que debería salvarnos das nosas temerarias decisións. Cruzar vinte semáforos en vermello sobre a única base da fe é precisamente a lóxica que subxace no actual modelo de finanzas. As finanzas son a tecnoloxía que determina as fronteiras da investigación, a innovación e o investimento e son, xa que logo, o ámbito apropiado, necesario e urxente para profundar nunha avaliación crítica da contemporaneidade, co fin de construír novos modelos económicos, políticos e sociais que poidan ser sostibles.

Ligazóns

Galería

  • 20 red lights

  • 20 red lights

  • 20 red lights

Neste enlace pode descargar ofolleto promocional da exposición