Do 7 de febreiro ao 28 de abril do 2013 100 anos de arquitectura e deseño en Alemaña. Deustscher Werkbund 1907-2007

Museo de Belas Artes da Coruña

100 ANOS DE ARQUITECTURA E DESEÑO EN ALEMAÑA Deustscher Werkbund 1907-2007

A exposición 100 Anos de Arquitectura e Deseño en Alemaña está organizada polo Museo de Arquitectura da Universidade Técnica de Munich e o IFA, Intituto de Relacións Internacionais, Stuttgart.

Foi concebida para conmemorar o centenario da Deustscher Werkbund, a mítica Liga Alemá de Talleres fundada en 1907 por 12 artistas e arquitectos, xunto con 12 fábricas de Munich, co obxectivo de relacionar arte, industria e artesanía, e permite percorrer os grandes momentos da súa historia. O arquitecto Hermann Muthesius foi o seu principal inspirador e pretendía que por medio do deseño, a industrialización e a produción en masa se conseguise transformar a sociedade. As súas iniciativas no ámbito das exposicións, publicacións e construcións de urbanizacións de vivendas foron decisivas para o desenvolvemento de novas formas no ámbito da arquitectura, a planificación urbana e o deseño industrial, pero tamén para o xurdimento da conciencia ecolóxica e unha ética do consumo máis razoable.

A exposición,  organizada en sete áreas cronolóxicas  está composta por unha serie de paneis con representacións, información e textos da historia, actividades e persoas do Werkbund Alemá, ademáis de case 500 obxectos entre carteis, maquetas, revistas, mobles, vaixelas, deseños, debuxos e fotografías... procedentes do Museo de Arquitectura da Universidade Técnica de Munich, do Museo de Arquitectura da Universidade Técnica de Darmstadt, da Universidade de Stuttgart, da Fundación Stankowski de Stuttgart, do Museo de Diseño de Gante e do Lore Kramer de Frankfurt.

Actividades:

http://museobelasartescoruna.xunta.es/index.php?id=20&ida=153

Publicacións:

Galería

  • 100 anos de arquitectura e deseño en Alemaña. Deustscher Werkbund 1907-2007