Museos de Galicia

Museo Etnolóxico de Ribadavia

O museo

Está situado en pleno casco histórico de Ribadavia, nun palacete coñecido como Pazo de Baamonde ou Casa da Fundación. 

Na actualidade, este museo atópase en proceso de remodelación, estando aberto ao público con exposicións temporais centradas no mundo téxtil e a vestimenta, a imaxe e a fotografía manexadas desde unha perspectiva fotoetnográfica, a música popular e outras cuestións ligadas á cultura rural da provincia de Ourense. 

As coleccións reúnen materiais de interese etnográfico das distintas comarcas ourensáns, cun fondo específico da cultura vitivinícola, que formará no futuro unha sección etnográfica diferenciada con edificio propio.

A tipoloxía de fondos custodiados polo museo é ampla e variada, preferentemente obxectos procedentes sobre todo do contexto rural e tamén do urbano anteriores á introdución dos medios de produción industrial. Tamén forman parte importante dos fondos os  arquivos orais e audiovisuais e un notable fondo documental, cunha inxente cantidade de imaxes fotográficas relativas na súa meirande parte á vida e historia da comarca do Ribeiro.

O Museo Etnolóxico de Ribadavia é de titularidade estatal e xestionado pola Xunta de Galicia

Galería

  • Vista do patio do Museo Etnolóxico. Foto: Santi M. Amil. 2011

    Vista do patio do Museo Etnolóxico. Foto: Santi M. Amil. 2011

  • Vigo: embarque de tropas para a Guerra do Rif. Foto Llanos. ca. 1920

    Vigo: embarque de tropas para a Guerra do Rif. Foto Llanos. ca. 1920

  • Ribadavia: rúa do Progreso esquina a rúa do Ribeiro. s.a. 194-?

    Ribadavia: rúa do Progreso esquina a rúa do Ribeiro. s.a. 194-?

  • Vista parcial da exposición temporal A Mirada dos Espazos. MER. 2013

    Vista parcial da exposición temporal A Mirada dos Espazos. MER. 2013

  • Ribadavia: unha parella de noivos e os seus invitados. Foto Chao. ca. 1914

    Ribadavia: unha parella de noivos e os seus invitados. Foto Chao. ca. 1914

  • Ponte Bora (Pontevedra): rodicio de muíño de auga. Foto Andrea Costas. 2008

    Ponte Bora (Pontevedra): rodicio de muíño de auga. Foto Andrea Costas. 2008

  • Fotografía de grupo nun exterior. Tropas. Foto Llanos, Vigo. (1920 ca.)

    Fotografía de grupo nun exterior. Tropas. Foto Llanos, Vigo. (1920 ca.)

  • Cuba. Produción artesanal (Mosteiro de San Clodio -Leiro-, 1766)

    Cuba. Produción artesanal (Mosteiro de San Clodio -Leiro-, 1766)

  • Ribadavia: Tenistas para un fin de festa. Foto Chao. 1930-1936

    Ribadavia: Tenistas para un fin de festa. Foto Chao. 1930-1936