Museos de Galicia

Museo Diocesano e Catedralicio de Mondoñedo

O museo

O Museo Diocesano e Catedralicio de Mondoñedo foi creado a principios de 1968. Posteriormente fixéronse ampliacións ata chegar a ocupar un bo número de estancias do edificio catedralicio.

É de salientar o conxunto de alabastros ingleses do século XV dos obradoiros de Londres e Nottingham, o retablo da Magdalena cunha imaxe do século XV, grandes táboas flamengas do século XVI e a exposición de importantes pezas de prata e marfil: báculos, bandexas, cálices, custodias, cruces procesionais e candeeiros.

Na parte alta destacan os dous grandes salóns góticos nos que se expoñen retablos, óleos, unha colección de mais de 300 esculturas, grandes libros corais e unha colección de vestimentas litúrxicas de gran valor histórico e artístico.

Galería