Ir o contido principal

A visita

A visita

Como chegar

Pode chegar ao museo nas liñas de autobús urbano 1, 4, 5, 8, P2, P6 (parada na rúa San Roque) e 6, 11 e P4 (parada da rúa de San Pedro).

Aparcadoiros máis próximos na avenida de Xoán XXIII, na rúa Virxe da Cerca, e na rúa Valle Inclán (La Salle).

Accesibilidade

O edificio está equipado con ascensores e aseos adaptados para o uso de persoas con mobilidade reducida. Quen desexe utilizar os ascensores deberallo de solicitar ao persoal de recepción.

Visitas guiadas

O CGAC ofrece visitas guiadas gratuítas para grupos de máis de catro persoas de martes a venres das 11 ás 14 horas. Este servizo ten como finalidade estimular o interese pola creación artística contemporánea e facilitar a comunicación entre o espectador e as obras de arte.

No caso dos grupos de escolares, o persoal do Servizo de Actividades e Proxectos Educativos deseña actividades e materiais didácticos específicos para complementar a visita ás exposicións.

Calquera colectivo que o desexe pode solicitar unha visita enviando unha mensaxe ao enderezo cgac.pedagogia@xunta.gal.

Normas de acceso

Permítese tomar fotografías nas salas unicamente con cámaras de man. Non se permite o uso de flashes nin trípodes.

Non está permitido gravar imaxes de vídeo con ningún dispositivo no edificio, salvo autorización previa da xerencia ou do Departamento de Prensa do centro.

Os teléfonos móbiles deberán permanecer en silencio durante a visita ás exposicións.

Por motivos de seguridade, non está permitido o acceso ás salas de exposición con mochilas, bolsos de grandes dimensións, bolsas de deporte ou de viaxe, maletas, maletíns, paraugas, trípodes e obxectos similares. O centro dispón de servizo de gardarroupa e armarios para depositar os efectos persoais durante a visita. 

Non está permitido o acceso ás salas con comida ou bebida, nin a entrada de animais, salvo cans guía.

http://cgac.xunta.gal

Rúa Valle Inclán, 2
15703, Santiago de Compostela

Tlf. 981546619
Fax 981546625

cgac@xunta.gal

Horario

Martes a domingo: de 11 a 20 h.,
luns pechado